Actividades
Este ano, Retro Galicia 2020 conta cun caseta homenaxe a Estanislao Reverter, pai do automobilismo galego, e ao seu discípulo Beny Fernández. Nel exhíbense dúas réplicas dos coches de Reverter Competición de 1977: o Ford Festa 1.1 grupo 5 e o Ford Escort RS 1800 grupo 4, decorado para a ocasión como no Rallye Sanremo, puntuable para o Campionato do Mundo; así como paneis fotográficos, vitrinas onde se mostran varios trofeos nunca expostos dos fondos da Fundación Estanislao Reverter, miniaturas dos seus vehículos, un casco de Lalao coas cores de Escuadra Ourense e algunha curiosidade máis.
Este sábado ás 17:30 realizouse a entrega por parte dos organizador Eventos do Motor dunha placa conmemorativa tanto a Beny como a Lalao, esta a título póstumo, recollida polo seu fillo Santi en representación da familia.
Galería fotográfica
Actividades anteriores
MICHELIN cede os neumáticos para o Alpinche
Amigos da Fundación
Sección adicada aos amigos que colaboran coa Fundación Estanislao Reverter.
Doazóns á Fundación
Somos unha fundación sen ánimo de lucro. As persoas físicas ou xurídicas, institucións, empresas e colectivos interesados en axudar aos fins da Fundación están invitados a contribuír con doazóns.
© 2013 Fundación Estanislao Reverter - Todos os dereitos reservados | Aviso legal - Política de privacidade - Acceso privado // Deseño e programación web Grupo5.com