Actividades
O piloto Ángel Paniceres alzouse por segundo ano consecutivo co Trofeo "Fundación Estanislao Reverter" ao mellor piloto novel (de entre os pilotos nacidos a partir do 1 de Xaneiro de 1993) na 48 edición do Rally de Ourense. Paniceres realizou un gran rally co seu Mitsubishi Lancer Evo X acompañado de Salvador Belzunces. O trofeo é unha réplica de Slot del Alpinche que correu no Rías Baixas de 1971 a escala 1/32, doado por Kit Car 43 á Fundación.
O pasado ano a Fundación e o Equipo Ourense acordaron outorgar este trofeo ao mellor piloto júnior xa que Estanislao Reverter sempre apoiou e axudou os pilotos que comezaban neste apaixonante deporte. Tanto a Fundación coma o Equipo queren recuperar ese espírito e intentar promover a estes mozos pilotos que son o futuro do mundo dos rallyes.Los pilotos do Rallys de Ourense - Ourense Termal 2015 coa Fundación Estanislao Reverter.
Actividades anteriores
Homenaxe a Beny Fernández e a Estanislao Reverter na Retro Galicia 2020
MICHELIN cede os neumáticos para o Alpinche
Amigos da Fundación
Sección adicada aos amigos que colaboran coa Fundación Estanislao Reverter.
Doazóns á Fundación
Somos unha fundación sen ánimo de lucro. As persoas físicas ou xurídicas, institucións, empresas e colectivos interesados en axudar aos fins da Fundación están invitados a contribuír con doazóns.
© 2013 Fundación Estanislao Reverter - Todos os dereitos reservados | Aviso legal - Política de privacidade - Acceso privado // Deseño e programación web Grupo5.com