Actividades
O Museo do Automóbil abrirá as súas portas o próximo día 11 de Xuño na Estación de Santa Cruz de Arrabaldo onde se recolle a traxectoria deportiva de Estanislao Reverter: piloto de rallys, organizador, creador do Equipo Ourense e do Rally de Ourense; promotor de novos talentos, preparador e construtor do ALPINCHE.
O Museo exhibirá parte dos fondos da Fundación. Trofeos representativos da súa a longa carreira deportiva dende o ano 1955 ata o ano 1975, placas de rallys, rutómetros, programas de rallys, un Goggomobil, réplicas en miniatura dos míticos coches de Reverter, entre eles o Alpinche, cascos e diversos obxectos, ademais dun espazo dedicado ao equipo de Reverter Competición, ao Rally de Ourense e ao Equipo Ourense.
Todo isto foi posible grazas ao apoio da Deputación de Ourense e ao seu instituto de desenvolvemento Inorde que dentro do seu programa "Estacións Vivas", fixo realidade este Museo.
O museo abrirá pola tarde mércores, xoves e venres e os fins de semana mañá e tarde.
Galería fotográfica
Actividades anteriores
Homenaxe a Beny Fernández e a Estanislao Reverter na Retro Galicia 2020
MICHELIN cede os neumáticos para o Alpinche
Amigos da Fundación
Sección adicada aos amigos que colaboran coa Fundación Estanislao Reverter.
Doazóns á Fundación
Somos unha fundación sen ánimo de lucro. As persoas físicas ou xurídicas, institucións, empresas e colectivos interesados en axudar aos fins da Fundación están invitados a contribuír con doazóns.
© 2013 Fundación Estanislao Reverter - Todos os dereitos reservados | Aviso legal - Política de privacidade - Acceso privado // Deseño e programación web Grupo5.com