Actividades
O piloto Anxo Paniceres nacido o 20 de agosto de 1994 alzouse con Trofeo "Fundación Estanislao Reverter" ao mellor piloto novel da 47 edición do Rally de Ourense. Paniceres correu un gran rally abordo do seu Ford Fiesta R2 acompañado de Salvador Belzunces, veterano copiloto moi querido no Rally de Ourense pois nos honra coa súa presenza dende hai moitos anos.
Paniceres tamén conseguiu alzarse co trofeo de piloto JR e a punto estivo de conseguir o Trofeo de vehículos R2.
A Fundación Estanislao Reverter e Equipo Ourense acordaron premiar o mellor piloto novel xa que Estanislao Reverter sempre apoiou e axudou os pilotos que comezaban neste apaixonante deporte. Tanto a Fundación coma o Equipo queren recuperar ese espírito e intentar promover estes novos pilotos que son o futuro do mundo dos rallys.
O trofeo nunha réplica de Slot del Alpinche que correu en
o Rías Baixas de 1971a escala 1/32, doado por Kit Car 43 á Fundación.
Nas fotos podemos ver a Toni Fernández Presidente de Escudería Ourense na entrega do Trofeo, a Santi Reverter con Anxo Paniceres, o precioso "Alpinche" de slot escala 1/32 e unha foto do Ford Fiesta R2, que por certo levaba o adhesivo da Fundación Estanislao Reverter debaixo do nome de piloto e copiloto.
Galería fotográfica
Actividades anteriores
Homenaxe a Beny Fernández e a Estanislao Reverter na Retro Galicia 2020
MICHELIN cede os neumáticos para o Alpinche
Amigos da Fundación
Sección adicada aos amigos que colaboran coa Fundación Estanislao Reverter.
Doazóns á Fundación
Somos unha fundación sen ánimo de lucro. As persoas físicas ou xurídicas, institucións, empresas e colectivos interesados en axudar aos fins da Fundación están invitados a contribuír con doazóns.
© 2013 Fundación Estanislao Reverter - Todos os dereitos reservados | Aviso legal - Política de privacidade - Acceso privado // Deseño e programación web Grupo5.com