Actividades

19-06-2013

Posto da Fundación Estanislao Reverter na 46 Edición do Rally de Ourense - Ourense Termal.

Este ano, a Fundación estivo presente en Expourense durante o Rally de Ourense cun posto no que se expuxo un vehículo co que correu Lalao Reverter, depositado na Fundación por un particular amante, como nós, do mundo das carreiras.
Trátase dun Goggomobil co que Estanislao correu o Rally de España-Race de 1963.
Goggomobil era un minicoche de deseño alemán de postguerra montado en España pola fábrica de Munguía (Biscaia). Pesaba 400 quilos e tiña motorizacións dende 350 a 450 cc. Deseñado en 1958 fabricouse en España entre 1962 e 1969, tiña dúas portas e un motor un tanto fráxil. Ademais tivo que loitar co Seat 600 e o apoio do Estado á marca barcelonesa.
Reverter tiña a concesión de Goggomobil para Ourense e Pontevedra. Sempre se dixo que Lalao podía correr con calquera cousa que tivese rodas e volante e con estes coches se cumpría o dito. Correu cun en Portugal destacando o seu triunfo de clase na Volta ao Minho de 1963, onde o chamaban " ou viudiño" (sic) polo medo que pasaban os espectadores ao velo correr con aquel coche con caídas positivas que parecía que ía envorcar en cada curva. Tamén gañou con el a clasificación de turismos no Rally de La Toja dese ano. Ao ano seguinte, 1964, correu con outro o Rías Baixas onde se clasificou na duodécima posición, foi o primeiro Goggomobil clasificado por diante do piloto oficial Villamil e gañou en turismos.
Esta unidade, matrícula de Bilbao, da fábrica, tivo unha breve participación no Race de 1963. Viña con el dende Ourense, e despois de adestrar os tramos de Ávila, empezou a notar un fallo de motor e embrague que tiveron que reparar nun concesionario de Madrid. Levaba de copiloto a Sindo González, un aprendiz do seu taller, e entre os dous sacaron o motor e entre este e outro gripado de Villamil fixeron outro novo. Despois da saída nocturna en Madrid, correron o primeiro tramo de Tarancón (Cuenca) pero no segundo tivéronse que retirar por outra avaría.

FotografíasGalería fotográfica

Actividades anteriores

26-05-2022

I Encontro de Emprendedores

06-03-2020

Homenaxe a Beny Fernández e a Estanislao Reverter na Retro Galicia 2020

10-02-2019

MICHELIN cede os neumáticos para o Alpinche

14-12-2018

181/10000 Poxa Solidaria, a favor da restauración do Alpinche, das luvas de Sergio Vallejo cos que gañou o Rallye de Ourense de 2009, ano en que se proclamou Campión de España.

18-10-2017

Videoxogo Oficial Alpinche_vr

Amigos da Fundación

Sección adicada aos amigos que colaboran coa Fundación Estanislao Reverter.

Entidades colaboradoras

  • Deputación de Ourense
  • Escudería Ourense
  • Real Federación Española de Automovilismo
  • Federación Galega de Automovilismo
  • La Región

Redes sociais

  • Ségenos en Facebook
  • Agregar a Twitter

Contacto

E-mailfundacion@estanislaoreverter.com

Doazóns á Fundación

Somos unha fundación sen ánimo de lucro. As persoas físicas ou xurídicas, institucións, empresas e colectivos interesados en axudar aos fins da Fundación están invitados a contribuír con doazóns.

Estanislao Reverter
Ir arriba

© 2013 Fundación Estanislao Reverter - Todos os dereitos reservados | Aviso legal - Política de privacidade - Acceso privado  //  Deseño e programación web Grupo5.com