Actividades
A Fundación Estanislao Reverter acudiu cun posto á III Retro Galicia, celebrada os días 15, 16 e 17 de Febreiro de 2013 no Recinto Feiral de Amio en Santiago de Compostela. A entidade organizadora, Eventos do Motor, cedeu o espazo para que a Fundación estivese presente. A feira deste ano foi un éxito de público e o posto da Fundación foi un dos máis visitados. O máis impactante para os afeccionados foron as miniaturas dos coches de Estanislao Reverter, en especial as cinco reproducións do Alpinche realizadas por Parente onde se pode observar as diferentes evolucións do Alpinche. Tamén causo sensación a reprodución tamaño natural en cartón do mítico vehículo. Os visitantes tiveron a oportunidade de ver o estado actual do Alpinche nunha foto mural e os diferentes coches cos que competiu Estanislao. As reproducións dalgún dos regulamentos e mapas itinerarios dos rallyes estiveron presentes nas vitrinas. A Fundación conseguiu coa súa presenza nesta feira achegarse aos afeccionados do mundo dos automóbiles clásicos, dar a coñecer a súa páxina Web e comezar os primeiros pasos dun dos seus obxectivos fundamentais: a restauración do Alpinche.
Galería fotográfica
Actividades anteriores
Homenaxe a Beny Fernández e a Estanislao Reverter na Retro Galicia 2020
MICHELIN cede os neumáticos para o Alpinche
Amigos da Fundación
Sección adicada aos amigos que colaboran coa Fundación Estanislao Reverter.
Doazóns á Fundación
Somos unha fundación sen ánimo de lucro. As persoas físicas ou xurídicas, institucións, empresas e colectivos interesados en axudar aos fins da Fundación están invitados a contribuír con doazóns.
© 2013 Fundación Estanislao Reverter - Todos os dereitos reservados | Aviso legal - Política de privacidade - Acceso privado // Deseño e programación web Grupo5.com