Dispuxo de dúas unidades matrículas 222GGH e EGO229C. Vehículo inglés, con volante á dereita, non supuxo problema para Estanislao porque era zurdo. Utilizados entre os anos 1963 a 1966. Obtivo grandes resultados, destacando as vitorias no IV Rally Dous Cataluñas de 1963 e nas subas á Morcuera e Canencia. O Montecarlo de 1964 consegue novamente rematalo.
Características
Motor
Situación: Dianteira lonxitudinal
Tipo: Catro cilindros en liña. Bloque de ferro e culata de aluminio. Cegoñal sobre 5 apoios. Refrixeración líquida.
Cilindrada : 1.558 c.c.
Diámetro x carreira : 82,55 x 72,75
Alimentación: Dous carburadores horizontais Wéber 40 DCOE de dobre corpo.
Potencia : 105 / 5.500
Par máximo : 14,9 / 4.000
Relación de compresión: 9,5:1
Distribución: Dobre árbore de levas en culata, mandados por cadea. Dúas válvulas na cabeza por cilindro.
Transmisión
Tracción: Traseira
Caixa de cambios: Catro relacións sincronizadas e marcha atrás
Embrague: Monodisco en seco
Relacións: 1ª: 2,9:1; 2ª: 2,01:1; 3ª: 1,3:1; 4ª: 1:1
Grupo final: 3,9:1
Desenvolvementos : 9,4 en 1ª; 14 en 2ª; 20 en 3ª; 28 en 4ª
Bastidor
Eixe dianteiro: Columna McPherson sobre brazo transversal e barra estabilizadora
Eixe traseiro: Eixe ríxido sobre béstas semielípticas lonxitudinais, brazos de reacción lonxitudinais e amortecedores hidráulicos telescópicos.
Freos: Discos diante e tambores detrás, con servofreo.
Dirección: Burman de recirculación de bólas, tres voltas de volante.
Neumáticos: 6,0 x 13
Carrocería
Tipo: Ford
Construción: Monocasco autoportante
Número de prazas: 4
Depósito combustible : 45 litros
Lonxitude / anchura / altura : 4,275 / 1,587 / 1,365
Batalla : 2,209
Vías do. / tras. : 1,308 / 1,288
Peso : 825
Datos de produción
Galería fotográfica
Os seus coches
Fondo documental
Achegas
Quen o desexe pode enviarnos material documental (jpg, pdf..) para publicar na páxina web.
Amigos da Fundación
Sección adicada aos amigos que colaboran coa Fundación Estanislao Reverter.
Doazóns á Fundación
Somos unha fundación sen ánimo de lucro. As persoas físicas ou xurídicas, institucións, empresas e colectivos interesados en axudar aos fins da Fundación están invitados a contribuír con doazóns.
© 2013 Fundación Estanislao Reverter - Todos os dereitos reservados | Aviso legal - Política de privacidade - Acceso privado // Deseño e programación web Grupo5.com