Utilizado nas 3 Horas Nacionais de Montjuich en 1969, facendo equipo con Manuel Sanjurjo. Correu tamén en 1973 en Montecarlo, primeira proba puntuable para o recén creado Campionato do Mundo de Rallys para Marcas. Copilotado por "Ventura" realizaban un bo rally pero foron eliminados xunto con outros 131 vehículos no tramo de Le Burzet. A causa dun alude quedaron atrapados na saída Le Burzet e a organización do Rally decidiu, en vez de neutralizar o tramo, descualificalos creándose un gran balbordo. Esta sería a última participación de Estanislao Reverter nun Rally de Montecarlo.
Características
Motor
Situación: Dianteiro
Cilindrada : 1.275 cc
Potencia : 100 CV
Transmisión
Tracción: Dianteira
Caixa de cambios: Manual de catro velocidades
Bastidor
Eixe dianteiro: Tipo Hydrolastic*, fabricada por Dunlop, de catro rodas independentes con trapecios dianteiros
Eixe traseiro: brazos oscilantes con amortecedores traseiros
Freos: dianteiros e traseiros de tambor, servofreo
Dirección: De cremalleira
Neumáticos: Michelin 145 -10 ZX
Carrocería
Número de prazas: 4
Lonxitude / anchura / altura : 3050 x 1400 x 1350 mm
Peso : 630 kg
Datos de produción
Galería fotográfica
Os seus coches
Fondo documental
Achegas
Quen o desexe pode enviarnos material documental (jpg, pdf..) para publicar na páxina web.
Amigos da Fundación
Sección adicada aos amigos que colaboran coa Fundación Estanislao Reverter.
Doazóns á Fundación
Somos unha fundación sen ánimo de lucro. As persoas físicas ou xurídicas, institucións, empresas e colectivos interesados en axudar aos fins da Fundación están invitados a contribuír con doazóns.
© 2013 Fundación Estanislao Reverter - Todos os dereitos reservados | Aviso legal - Política de privacidade - Acceso privado // Deseño e programación web Grupo5.com