A ORDE publicada no DOG do 30 de abril de 2012 pola que se clasifica de interese cultural a Fundación Estanislao Reverter e a RESOLUCIÓN do 7 de xuño de 2012 pola que se declara de interese galego e se ordena a inscrición no Rexistro de Fundacións de Interese Galego, ampara a creación da Fundación Estanislao Reverter sen ánimo de lucro.
Son fins da Fundación:
a) A Fundación ten por obxecto preservar o legado e a figura de Estanislao Reverter Sequeiros: piloto de rallys, organizador de probas automobilísticas deportivas, preparador e construtor de vehículos de carreiras, empresario, emprendedor e deputado das Cortes Constituíntes.
b) A Fundación ten por obxecto o fomento do deporte en xeral e o automobilismo en particular, perseguindo o impulso da actividade deportiva como causa xeradora de hábitos favorecedores da educación da sociedade e de fomento da solidariedade; a través da promoción e desenvolvemento de plans de promoción do deporte, e de actividades socioculturais e lúdico-recreativas, dirixidas ao conxunto dos cidadáns.
c) A Fundación potenciará o desenvolvemento da cultura e a protección do patrimonio cultural como elementos fundamentais da nosa sociedade e da súa calidade de vida.
d) A Fundación prestará especial atención á formación das persoas, en especial da xuventude e dos desempregados, como medio de integración social e laboral e a súa implantación como factor corrector de desequilibrios sociais que contribúen á igualdade entre os cidadáns.
e) A Fundación promoverá a iniciativa emprendedora e a potenciación do tecido empresarial como motores dinamizadores e creadores de riqueza do noso país.
f) Calquera outra finalidade que, conexa cos fins perseguidos pola Fundación, respecte a legalidade vixente en cada momento.
O Padroado da fundación está formado por:
Presidente: Luis Reverter Gil.
Vicepresidente: Santiago Reverter Gil.
Secretaria: Rosa María Reverter Gil.
Vogais: Estanislao Reverter Gil, Óscar Reverter Gil, Amando Santiago Prada Allo y Manuel Sanjurjo Blein.
Documentos
Fondo documental
Achegas
Quen o desexe pode enviarnos material documental (jpg, pdf..) para publicar na páxina web.
Amigos da Fundación
Sección adicada aos amigos que colaboran coa Fundación Estanislao Reverter.
Doazóns á Fundación
Somos unha fundación sen ánimo de lucro. As persoas físicas ou xurídicas, institucións, empresas e colectivos interesados en axudar aos fins da Fundación están invitados a contribuír con doazóns.
© 2013 Fundación Estanislao Reverter - Todos os dereitos reservados | Aviso legal - Política de privacidade - Acceso privado // Deseño e programación web Grupo5.com