Formato: JPG
Estanislao e Tucho Reverter no Rallye 2.000 Viraxes de 1974 con BMW 2002 ti. Cuartos clasificados..>
Formato: JPG
Fin do Rallye Camiño de Santiago, 1965. Estanislao Reverter e o seu copiloto Pepe Márquez vencedores co Austin Cooper S 1300, alugado ao portugués Giao, que vemos en primeiro termo. Ao seu lado o Fiat Abarth 1000 Bialbero que foi de Estanislao e que vendera a Jaime Juncosa "Runner". Tamén vemos o Austin Cooper S de Juncadella, segundo clasificado.>
Formato: JPG
Jorge Bäbler e Estanislao Reverter no parque pechado do V Rallye 500 kms. Nocturnos Bujías Bosch Alacante de maio de 1973. Jorge gañou aquel rallye co seu Seat 1430-1600 oficial e Lalao quedou terceiro co Alpinche. Foto de Jordi Viñals.>
Formato: JPG
Curiosa foto que nos envía Manuel Gestal Rey e Pío Alonso. Nela aparecen Lalao e Toñin Reverter tras a súa chegada a Mónaco na súa primeira participación no Rallye de Montecarlo abordo do Panhard Dyna Z1. O Panhard era un vehículo de 850 cc e 50 CV coa carrocería de aluminio e aceiro. Lalao e Toñin non puideron clasificarse para a etapa complementaria por rotura dos amortiguadores traseiros a 800 quilómetros de Mónaco polo que chegaron fóra de control. A XXVII edición do Montecarlo de 1958 foi especialmente dura pola neve, o xeo e as baixas temperaturas e dos 343 inscritos (303 tomaron a saída) tan só conseguiron finalizar 28. Os irmáns Reverter partiron de Lisboa o 22 de xaneiro (podedes ver a fotografía) para enfrontarse a un percorrido de 2.850 quilómetros cunha media imposta nunca superior a 73 km/h, nin inferior aos 60 co que era moi complicado cumprila polo que practicamente pasáronse dous días sen durmir. O Rallye foi gañado por Monraisse e Feret con Renault Dauphine. En canto á fotografía descoñecemos quen a realizou e nela aparecen acompañados por un xornalista español.>
Formato: JPG
Foto inédita do Alpinche no Rallye Firestone de 1972. Lalao acompañado por Manuel González como copiloto, que foi quen nos cedeu a foto.>
Formato: JPG
Foto inédita de Lalao ensinándolle o Alpinche a Jean Pierre Nicolas no Rallye Firestone de 1972, valedoiro para o Campionato de Europa de Rallyes. Neste rallye o Alpinche sae con moitas reformas con novo subchasis tubular con menos peso e o bastidor máis lixeiro. Lalao substituíu parte da mecánica Alpine pola de Porsche, cambio de peiraos por barras de torsión e os amortiguadores tamén pasan a ser de Porsche cos cambios que iso leva. Na primeira etapa sufriu problemas mecánicos e non obtivo bos cronos pero finaliza a proba facendo tempos ás costas do Alpine de Nicloas e o Porsche 911 de Doncel, superando ao Lancia de Barbasio. Ao terminar o rallye Nicolas interésase polo Alpinche, próbao e queda impresionado non dubidando en afirmar que cun coche así se poderían gañar moitas probas por toda Europa, a parte de darlle consellos para mellorar o coche. Foto de Manuel González, copiloto de Lalao neste Rallye.>
Material documental
Fondo documental
Achegas
Quen o desexe pode enviarnos material documental (jpg, pdf..) para publicar na páxina web.
Amigos da Fundación
Sección adicada aos amigos que colaboran coa Fundación Estanislao Reverter.
Doazóns á Fundación
Somos unha fundación sen ánimo de lucro. As persoas físicas ou xurídicas, institucións, empresas e colectivos interesados en axudar aos fins da Fundación están invitados a contribuír con doazóns.
© 2013 Fundación Estanislao Reverter - Todos os dereitos reservados | Aviso legal - Política de privacidade - Acceso privado // Deseño e programación web Grupo5.com