Fondo documental

XXI Rallye de España. 26-28 de octubre de 1973

Formato: JPG

Puntuable para o Campenato de Europa de Rallys. Organizador RACE. Percorrido total: 1.640 km. Probas cronometradas: 26 (247,5 km.) Inscritos: 55. Tomaron a saída: 47. Clasificados: 23 1º Jorge Babler - Ricardo Antolín. Seat 1430 / 1600 Gr. 5 F.N 2º Estanislao Reverter - Antonio Reverter Alpine Porsche Gr. 5 3º Haldi - Van der Hoeven. Porsche Carrera. Gr. 4 4º Marc Etchebers - M. C. Etchebers. Porsche 911 S. Gr. 5 5º Zanini - J. Sabater. Seat 1430 / 1600 Gr. 2 F.N Fonte: Rfeda. Anuario de 1973

V Rallye 500 kms. Nocturnos Bujias Bosch

Formato: JPG

V Rally 500 kms. Nocturnos Buxías Bosch. 5 e 6 de Maio de 1973. Alicante. Estanislao e "Tucho" clasificáronse en terceira posición co Alpinche. O vencedor do proba foi Jorge Babler con SEAT 1430/ 1600. Etchebers obtivo a segunda praza con Porsche 911 S. Dos 55 que tomaron a saída só remataron 36.

XXII Rallye de España-Race, BMW 2002 TI. Tercero.

Formato: JPG

XXII Rally de España-Race, Lalao e "Tucho" participaron co BMW 2000 ti Gr 2 nesta edición do Rally de España que se celebraba entre os días 25 e 27 de outubro de 1974. Foron terceiros por detrás de Zanini e Pradera, os dous con SEAT 1430 -1800 Gr 2.

XIX Rallye de España 1971

Formato: JPG

XIX Rally de España 1971. Lalao e "Ventura" quedaron en terceira posición co Alpinche cando aínda se chamaba REALPOR, sendo o gañador Jean Pierre Nicolas, piloto oficial Renault co seu Alpine Renault A110 1860 gr 5, copilotado por Jean Todt, actual presidente da Federación Internacional de Automobilismo. Nicolas pediulle a Reverter que o deixase probar o Alpinche; cando se baixou do coche suxeriulle que debería facer unha serie para vender, porque sería unha arma imbatible. En segundo lugar quedo Bernard Fiorentino e Maurice Gelin / Simca CG 2200 proto gr 5, a cuarta praza foi para Sobieslaw Zasada e Ryszard Nowicki / BMW 2002 TI gr 2 e a quinta para Alberto Ruiz-Jiménez e Javier Bueno / Porsche 911 S gr 4.

Rallye de Montecarlo 1965.

Formato: JPG

Nestes días cúmprense 50 anos da participación de Lalao na 34º Edición do Rallye de Montecarlo de 1965 que se celebrou do 15 ao 20 de xaneiro dese ano. O rally contaba co clásico formato no que os participantes partían dende diferentes cidades europeas con destino a Mónaco e unha vez alí realizábase unha etapa común varios tramos cronometrados. O gañador era aquel que sumase menos puntos de penalización entre o percorrido de concentración inicial e os tramos de velocidade posteriores. A lista de inscritos estaba formada por 275 participantes dos cales 237 tomaron a saída e só 22 cruzaron a meta. Os pilotos partiron ao igual que en edicións anteriores dende diferentes cidades europeas: Varsovia, Estocolmo, Minsk, Londres, Frankfurt, París, Lisboa, Montecarlo e Atenas. Reverter o cara ao sábado dende Lisboa acompañado por Oscar Caprotti abordo do Fiat Abarth 1.000 Bialbero. Ao comezo da proba as condicións meteorolóxicas eran boas, pero o luns pola tarde as temperaturas caeron moi por debaixo de cero. A nevada era impresionante e era dificilísimo moverse. Segundo contaba Caprotti non foron capaces de chegar ao control de Chambery, polo que pensaban que estaban fóra do Rally. Pero a organización, como se quedara sen coches, decidiu ampliar o tempo de chegada 30 minutos, pero a Lalao que lle dera un baixón de moral grande, xa que aspiraba a unha boa clasificación, dixo que estaba canso e que abandonaba. De alí non paso ningún dos tiñan saído de Lisboa nin Atenas, só un de Montecarlo e tres de Varsovia. Quizais foi o rally máis duro de todos os Montecarlo.

VII Rallye Firestone 1973. Subida a Peña Cabarga. Estanislao Reverter y Tucho con el Alpinche. Abandono.

Formato: JPG

Foto de Gelo Bustamante

Material documental

Fondo documental

Achegas

Achegas

Quen o desexe pode enviarnos material documental (jpg, pdf..) para publicar na páxina web.

Amigos da Fundación

Sección adicada aos amigos que colaboran coa Fundación Estanislao Reverter.

Entidades colaboradoras

  • Deputación de Ourense
  • Escudería Ourense
  • Real Federación Española de Automovilismo
  • Federación Galega de Automovilismo
  • La Región

Redes sociais

  • Ségenos en Facebook
  • Agregar a Twitter

Contacto

E-mailfundacion@estanislaoreverter.com

Doazóns á Fundación

Somos unha fundación sen ánimo de lucro. As persoas físicas ou xurídicas, institucións, empresas e colectivos interesados en axudar aos fins da Fundación están invitados a contribuír con doazóns.

Estanislao Reverter
Ir arriba

© 2013 Fundación Estanislao Reverter - Todos os dereitos reservados | Aviso legal - Política de privacidade - Acceso privado  //  Deseño e programación web Grupo5.com