Formato: JPG
O deportista, empresario, político e mecenas recibiu as honras do Concello de Ourense con 1.132 adhesións. Estanislao Reverter xa é fillo predilecto da cidade que o viu nacer no ano 1929 e da que sempre presumiu ata o seu falecemento no ano 1991. O pai do automobilismo galego foi nomeado polo Concello de Ourense fillo predilecto a título póstumo. Ademais, tamén acordou que os xardíns situados á beira da Subdelegación de Goberno de Ourense onde está situada a escultura dedicada ao Alpinche, a Antonio Colemán e a el, pasen a chamarse 'Xardíns Estanislao Reverter Sequeiros', colocando unha placa conmemorativa que lembre a figura do ourensán.>
Formato: JPG
Inesquecible fin de semana no Salón Retro&Auto de Galicia celebrado no recinto IFEVI de Vigo. Moitas grazas a todos os que visitastes a nosa caseta, animástesnos a seguir coa restauración do Alpinche>
Formato: JPG
A Fundación Estanislao Reverter quere dar o seu máis sentido pésame aos familiares dos falecidos no Rally da Coruña e desexar unha pronta recuperación aos feridos. Queremos tamén expresar o noso apoio ao piloto, ao copiloto e aos organizadores da proba nestes difíciles e duros momentos.>
Formato: JPG
Scalextric publicou a lista definitiva de modelos a escala 1:32 que vai comercializar este 2015. Este ano contamos cunha sorpresa, a inclusión do Mini preparado por Estanislao Reverter co que correu o Rally de Montecarlo de 1973. Lalao, copilotado por "Ventura" realizaban un bo rally, pero foron eliminados xunto con outros 131 vehículos no tramo de Le Burzet. A causa dun alude quedaron atrapados na saída Le Burzet e a organización do Rally decidiu, en vez de neutralizar o tramo, descualificalos creándose un gran balbordo. Esta sería a última participación de Estanislao Reverter nun Rally de Montecarlo.>
Formato: JPG
Parque pechado dun Rally de Ferrol. Como vemos, Lalao botando sempre unha man os organizadores. Foto enviada por Jaime Domínguez Blein.>
Material documental
Fondo documental
Achegas
Quen o desexe pode enviarnos material documental (jpg, pdf..) para publicar na páxina web.
Amigos da Fundación
Sección adicada aos amigos que colaboran coa Fundación Estanislao Reverter.
Doazóns á Fundación
Somos unha fundación sen ánimo de lucro. As persoas físicas ou xurídicas, institucións, empresas e colectivos interesados en axudar aos fins da Fundación están invitados a contribuír con doazóns.
© 2013 Fundación Estanislao Reverter - Todos os dereitos reservados | Aviso legal - Política de privacidade - Acceso privado // Deseño e programación web Grupo5.com