Formato: JPG
No ano 1986, dun xeito testemuñal e para probar novas suspensións e melloras nun coche do equipo que dirixía, Rede Fiat de Galicia, Estanislao correu o Rally Rías Baixas. Estas é seguramente a súa última foto como piloto de Rallyes. E tamén a única vez que se puxo un mono ignifugar para disputar un Rally.>
Formato: JPG
Despois de participar na Suba a La Massana, Re verter aínda non tiña o permiso de importación temporal do Fiat Abarth Bialbero para competición e o coche continuaba en Andorra. Lalao pediu a Carlos Sánchez Sicilia que o acompañase a recoñecer os tramos do Rally Dous Cataluñas na parte francesa (O rally partía esta edición de Perpiñan). Adestrando un tramo por unha estrada de montaña estreita encontráronse de fronte cunha furgoneta da Compañía Telefónica. O condutor máis pendente de buscar un corte no cable telefónico que da carretea non se apartou, dándolles un golpe que esnaquizou a parte dianteira do vehículo que era de fibra de vidro. Recolleron os restos e conseguiron chegar a un taller onde Estanislao instalou en chasis uns faros e os intermitentes para poder circular. Despois foron a Turín para deixar o coche en Abarth para reparar. Esta é a factura da devandita reparación.>
Formato: JPG
O piloto Anxo Paniceres nacido o 20 de agosto de 1994 alzouse con Trofeo "Fundación Estanislao Reverter" ao mellor piloto novel da 47 edición do Rally de Ourense. Paniceres correu un gran rally abordo do seu Ford Fiesta R2 acompañado de Salvador Belzunces, veterano copiloto moi querido no Rally de Ourense pois nos honra coa súa presenza dende hai moitos anos.>
Formato: JPG
O Museo do Automóbil abrirá as súas portas o próximo día 11 de Xuño na Estación de Santa Cruz de Arrabaldo onde se recolle a traxectoria deportiva de Estanislao Reverter: piloto de rallys, organizador, creador do Equipo Ourense e do Rally de Ourense; promotor de novos talentos, preparador e construtor do ALPINCHE>
Formato: JPG
Casco de competición doado por Vallejo Racing á Fundación Estanislao Reverter, que será exposto no Museo de Santa Cruz - Estación. O casco utilizouno Sergio Vallejo, piloto de Equipo Ourense, no ano 2006 cando competiu co Renault Clio S1600, alcanzando o terceiro posto no Campionato Nacional de Rallys de Asfalto dese ano.>
Formato: JPG
REALPOR - Alpinche. Replica exacta a escala 1/24 do REALPOR vencedor do Rally ás Rías Baixas do ano 1972, obra do reputado maquetista Carlos Reboredo que a doou á Fundación Estanislao Reverter e se expoñerá no Museo de Santo Cruz de Arrabaldo.>
Material documental
Fondo documental
Achegas
Quen o desexe pode enviarnos material documental (jpg, pdf..) para publicar na páxina web.
Amigos da Fundación
Sección adicada aos amigos que colaboran coa Fundación Estanislao Reverter.
Doazóns á Fundación
Somos unha fundación sen ánimo de lucro. As persoas físicas ou xurídicas, institucións, empresas e colectivos interesados en axudar aos fins da Fundación están invitados a contribuír con doazóns.
© 2013 Fundación Estanislao Reverter - Todos os dereitos reservados | Aviso legal - Política de privacidade - Acceso privado // Deseño e programación web Grupo5.com