Fondo documental

Control Horario. Rallye dos Cataluñas 1965

Formato: JPG

Os Rallys non cambiaron tanto en case 50 anos. Non vos parece?

Rallye de los Pirineos 1956. Portada Reglamento.

Formato: JPG

O Rally dos Pireneos celebrouse do 21 ao 24 de setembro de1956. Estanislao correu co seu irmán Toñin co Fiat 1.400. Finalizarón o posto 19 dos 36 clasificados e fuerón primeiro na súa clase.

Rallye de los Pirineos 1956. Mapa

Formato: JPG

O Rally contaba cunha proba de regularidade de 1.678 km a 1.713 km segundo fora o punto de partida. A primeira Etapa era de concentración con diferentes puntos de partida: Barcelona, Madrid, dende onde partía Lalao, Perpignan, Toulouse e Montpellier para reunirse todos en San Sebastián. O Rally constaba de 4 etapas e probas complementarias.

Rallye de los Pirineos 1956. Mapa detallado

Formato: JPG

Dende San Sebastián atravesaron os Pireneos franceses ata Perpignan. De alí partiron cara a Barcelona onde finalizou o Rally, non sen antes pasar polos Pireneos cataláns.

Rallye de los Pirineos 1956. Pruebas complementarias de montaña y Slalom de Perpignan y Barcelona.

Formato: JPG

Perfil das Montañas onde podemos ver as probas complementarias en costa e Slalom, con saída parada e chegada lanzada. A primeira entre Lezo e o Alto de Jaizquibel. A segunda entre Ax-Les-Thermes e o Colt de Chioula. A terceira entre Mont-Louis e Mont-Romeu. A cuarta entre Bigas e San Feliu de Codinas. Unha proba de regularidade estrita entre San Feliu de Codinas e San Lorenzo Saval. O Slálom de Perpignan celebrouse o día 22 e o de Barcelona o día 23 como final de Rallye.

1º Rallye a las Rías Bajas 1963. Portada

Formato: JPG

1º Rally ás Rías Baixas do 3 ao 4 de Agosto de 1963. Estanislao participou estreando o Ford Lotus Cortina. Non lle saíron ben as cousas e só puido clasificarse no posto vinte ao finalizar o Rally. Aínda así conseguiu un cuarto posto no Slalon de Plaza de España. O Rally ás Rías Baixas constaba de 4 Etapas e 6 Probas Complementarias. Podedes ver o regulamento en www.estanislaoreverter.com, sección material documental. Dende a Fundación queremos felicitar o Equipo Rías Baixas por estes cincuenta anos de Rallyes.

Material documental

Fondo documental

Achegas

Achegas

Quen o desexe pode enviarnos material documental (jpg, pdf..) para publicar na páxina web.

Amigos da Fundación

Sección adicada aos amigos que colaboran coa Fundación Estanislao Reverter.

Entidades colaboradoras

  • Deputación de Ourense
  • Escudería Ourense
  • Real Federación Española de Automovilismo
  • Federación Galega de Automovilismo
  • La Región

Redes sociais

  • Ségenos en Facebook
  • Agregar a Twitter

Contacto

E-mailfundacion@estanislaoreverter.com

Doazóns á Fundación

Somos unha fundación sen ánimo de lucro. As persoas físicas ou xurídicas, institucións, empresas e colectivos interesados en axudar aos fins da Fundación están invitados a contribuír con doazóns.

Estanislao Reverter
Ir arriba

© 2013 Fundación Estanislao Reverter - Todos os dereitos reservados | Aviso legal - Política de privacidade - Acceso privado  //  Deseño e programación web Grupo5.com