Fondo documental

Brazo modificado nuevo derecho posterior

Formato: JPG

Brazo trasero original izquierdo reforzado posterior

Formato: JPG

Lalao y Beny en una asistencia

Formato: JPG

Foto inédita de Estanislao Reverter charlando con Beny Fernández nunha asistencia. Corresponde ao ano 1982, cando Beny corría cun Porsche 911 patrocinado por Rothmans e talvez no Criterium Luís de Baviera.

Llegada a Montecarlo 1958

Formato: JPG

Curiosa foto que nos envía Manuel Gestal Rey e Pío Alonso. Nela aparecen Lalao e Toñin Reverter tras a súa chegada a Mónaco na súa primeira participación no Rallye de Montecarlo abordo do Panhard Dyna Z1. O Panhard era un vehículo de 850 cc e 50 CV coa carrocería de aluminio e aceiro. Lalao e Toñin non puideron clasificarse para a etapa complementaria por rotura dos amortiguadores traseiros a 800 quilómetros de Mónaco polo que chegaron fóra de control. A XXVII edición do Montecarlo de 1958 foi especialmente dura pola neve, o xeo e as baixas temperaturas e dos 343 inscritos (303 tomaron a saída) tan só conseguiron finalizar 28. Os irmáns Reverter partiron de Lisboa o 22 de xaneiro (podedes ver a fotografía) para enfrontarse a un percorrido de 2.850 quilómetros cunha media imposta nunca superior a 73 km/h, nin inferior aos 60 co que era moi complicado cumprila polo que practicamente pasáronse dous días sen durmir. O Rallye foi gañado por Monraisse e Feret con Renault Dauphine. En canto á fotografía descoñecemos quen a realizou e nela aparecen acompañados por un xornalista español.

Estanislao Reverter ya es hijo predilecto de Ourense

Formato: JPG

Nun solemne acto presidido por don Jesús Vázquez Abad, Alcalde de Ourense e en presenza da Corporación Municipal e invitados, fíxose entrega do título de Fillo Predilecto a título póstumo a Estanislao Reverter Sequeiros. Os seus fillos Estanislao, Rosa María, Luís, Óscar e Santiago recibiron o recoñecemento. Ao acto asistiron a súa irmá Milagres, sobriños e netos, o seu xenro e as súas noras; Rizo Seara, o seu home de confianza; Juan Rúas, xefe de mecánicos do seu equipo; Amando Prada, patrón da Fundación Estanislao Reverter; Manuel Baltar, Presidente da Deputación de Ourense; José Ramón Lete; Secretario Xeral para ou Deporte da Xunta de Galicia; Óscar Outeiriño, editor da Rexión; Santi Randulfe;Tony Fernández, Presidente da Escuadra Ourense; Paco Fernández, presidente da Escuadra de Clásicos de Ourense e Xullo Bouzo, vicepresidente da Escuadra Ourense. Nun acto moi emotivo interveu en primeiro lugar o xuíz instrutor do Expediente de Honra don Mario Guede onde expuxo os méritos de ?Lalao? e o porqué deste recoñecemento. Seguidamente interveu o Secretario do Concello de Ourense dando fe que se reunían todos os requisitos para outorgar este título. O Alcalde de Ourense destacou que ?De vez en cando, xorden persoas extraordinarias que veñen a este mundo a deixar pegada. E Lalao, posuidor dun espírito curioso, xeneroso e valente, foi unha desas persoas?. Finalizo o acto Luís Reverter que destacou o amor que Lalao sempre sentiu por Ourense e o seu espírito combativo que facía que nunca se rendese fronte á adversidade. Comentou a anécdota de que alá polos sesenta ofrecéronlle ser piloto oficial dunha marca inglesa e el preferiu quedar en Ourense. Agradeceu a todas as persoas, entidades e empresas que se adheriron ao expediente de honra. Seguidamente os asistentes dirixíronse ao descubrimento da placa dos xardíns que desde hoxe levan o nome de ?Xardíns de Estanislao Reverter? situados no centro de Ourense. O alcalde dirixiu unhas palabras ao numeroso público asistente felicitandose porque a cidade de Ourense recoñecese a figura de Estanislao e Santiago Reverter pechou o acto destacando que este lugar sempre estivo moi presente na vida de ?Lalao? e que a familia e amigos sentían moi agradecidos e emocionados por este recoñecemento.

El Trofeo Estanislao Reverter 2016 fue para Javier López Ruiz-Ruano acompañado de su copiloto Adriana Gómez González

Formato: JPG

O Trofeo Estanislao Reverter 2016 foi para Javier López Ruiz-Ruano acompañado do seu copiloto Adriana Gómez González, que co seu Ford Escort RS 2000 impúxose na Categoría de Históricos na 49 Edición do Rallye Ourense. Desta forma a Fundación Estanislao Reverter e a Escuadra Ourense fan un recoñecemento aos vehículos que anos atrás fixeron vibrar aos afeccionados e forman parte da historia do noso Rallye. Foi entregado polo Alcalde de Ourense, don Jesús Vázquez Abad e Santi Reverter, vicepresidente da Fundación. O Trofeo é unha reprodución da obra en acrílico sobre lenzo, doada polo seu autor Juan Méndez á Fundación Estanislao Reverter, cuxo orixinal está exposto no Museo da Fundación na Estación de Santa Cruz de Arrabaldo. Tamén, na cerimonia de entrega de premios da 49 Edición do Rallye de Ourense, a Fundación fixo entrega á Escuadra Ourense, representada polo seu presidente Antonio Fernández, doutra reprodución da mesma obra como recoñecemento á inestimable axuda que a Escuadra presta á Fundación Estanislao Reverter.

Material documental

Fondo documental

Achegas

Achegas

Quen o desexe pode enviarnos material documental (jpg, pdf..) para publicar na páxina web.

Amigos da Fundación

Sección adicada aos amigos que colaboran coa Fundación Estanislao Reverter.

Entidades colaboradoras

  • Deputación de Ourense
  • Escudería Ourense
  • Real Federación Española de Automovilismo
  • Federación Galega de Automovilismo
  • La Región

Redes sociais

  • Ségenos en Facebook
  • Agregar a Twitter

Contacto

E-mailfundacion@estanislaoreverter.com

Doazóns á Fundación

Somos unha fundación sen ánimo de lucro. As persoas físicas ou xurídicas, institucións, empresas e colectivos interesados en axudar aos fins da Fundación están invitados a contribuír con doazóns.

Estanislao Reverter
Ir arriba

© 2013 Fundación Estanislao Reverter - Todos os dereitos reservados | Aviso legal - Política de privacidade - Acceso privado  //  Deseño e programación web Grupo5.com