Formato: JPG
Placa do Rallye Montecarlo de 1966. Lalao e o seu irmán Toñin ían participar cun Rover 2000 Oficial, unidade enviada por Rover desde Inglaterra, pero un accidente de tráfico en Barcelona cando se dirixían a recoñecer os tramos frustrou os seus plans e impediulles tomar a saída.>
Formato: JPG
Agora podes facelo mediante unha doazón que, ademais, ten importantes vantaxes fiscais: pódesche deducir na cota do IRPF ata o 75% do achegado. Se a túa doazón é superior a 50,00 ? a Fundación, en agradecemento, poñerá o teu nome no panel de doantes que será instalado no Museo Estanislao Reverter á beira do Alpinche unha vez sexa restaurado e na sección dedicada ao Alpinche da páxina web da nosa Fundación. Ademais, recibirás como lembro un adhesivo conmemorativo deseñado en exclusiva para os doantes, que enviaremos á dirección postal que nos indiques. Axúdanos a restaurar o Alpinche e entrarás a formar parte da historia do automobilismo e do renacer dunha lenda. Entra en www.estanislaoreverter.com e busca ao final da páxina o apartado dedicado ás doazóns. Envíanos os teus datos e dirección a fundación@estanislaoreverter.com para que podamos enviarche o teu adhesivo conmemorativo. Por favor, comparte esta información. Entre todos lograremos que este soño convértase nunha realidade.>
Formato: JPG
No ano 1966, Lalao e o seu irmán Toñín ían participar no Monte Carlo cun Rover 2000 Oficial, unidade enviada por Rover desde Inglaterra, pero un accidente de tráfico en Barcelona cando se dirixían a recoñecer os tramos frustrou os seus plans. quedaron sen coche, pero deuse a circunstancia que o piloto José Villalba quedo sen copiloto, Luís de Baviera, para poder participar nesta edición coa súa Austin Cooper S 1300 e o RACE convidou a Lalao e a Villalva a unirse e a competir compartindo o Mini. Como Villalba non tenia tempo para adestrar presto un DKV a Lalao para recoñecer en solitario algúns tramos. Partiron de Lisboa o 14 de xaneiro e na Etapa de Concentración non tiveron maiores problemas pero na Etapa Común sufriron un accidente e non puideron continuar.>
Material documental
Fondo documental
Achegas
Quen o desexe pode enviarnos material documental (jpg, pdf..) para publicar na páxina web.
Amigos da Fundación
Sección adicada aos amigos que colaboran coa Fundación Estanislao Reverter.
Doazóns á Fundación
Somos unha fundación sen ánimo de lucro. As persoas físicas ou xurídicas, institucións, empresas e colectivos interesados en axudar aos fins da Fundación están invitados a contribuír con doazóns.
© 2013 Fundación Estanislao Reverter - Todos os dereitos reservados | Aviso legal - Política de privacidade - Acceso privado // Deseño e programación web Grupo5.com