Fondo documental

Control Horario. Rallye dos Cataluñas 1965

Formato: JPG

Os Rallys non cambiaron tanto en case 50 anos. Non vos parece?

Los devoramillas del automovilismo nacional

Formato: JPG

óster da revista "Fórmula" dun dos seus números do ano 1976. Titúlase "Os devoramillas do automobilismo nacional" e nela encontramos as caricaturas dos pilotos máis destacados da época: Juan Fernández, Bragation, Cañellas, Serviá, Beny Fernández, Muñoz, Etcheverts, Zanini, Juncosa... e por suposto Estanislao Reverter que aínda que nese ano 1976 xa se retirara da competición oficial como piloto, seguía sendo un referente do automobilismo nacional polo seu palmarés, por ser presidente de Equipo Ourense, federativo e patrón do equipo "Reverter Competición". Fonte: Revista Fórmula. Caricaturas de Dani (1976).

La versión a restaurar.

Formato: JPG

O Alpinche foi un coche en constante evolución. Dende o ano da súa creación 1971 ata o ano da súa desaparición 1975, os cambios foron constantes tanto na súa mecánica coma na carrocería. A versión que será restaurada é a do ano 1974. Ese ano, a raíz dun accidente, substitúoselle o spoiler frontal agrandándoo o que implicou cambios tamén na parte traseira do vehículo. O que se conserva actualmente do vehículo permite realizar esta versión, a que á vez é imaxe do logotipo da Fundación e unha das máis recordada polos afeccionados do automobilismo. A foto pertence á 1ª Subida a Manzaneda do ano 1975, onde Lalao se clasificou en primeira posición.

Salida desde Lisboa. 34º Edición del Rallye de Monte Carlo 1965

Formato: JPG

Saída dende Lisboa de Reverter e Caprotti para disputar a 34º Edición do Rallye de Montecarlo de 1965, con do Fiat Abarth 1.000 Bialbero. O rally contaba co clásico formato no que os participantes partían dende diferentes cidades europeas con destino a Mónaco e unha vez alí realizábase unha etapa común varios tramos cronometrados. O gañador era aquel que sumase menos puntos de penalización entre o percorrido de concentración inicial e os tramos de velocidade posteriores. A lista de inscritos estaba formada por 275 participantes dos cales 237 tomaron a saída e só 22 cruzaron a meta. Os pilotos partiron ao igual que en edicións anteriores dende diferentes cidades europeas: Varsovia, Estocolmo, Minsk, Londres, Frankfurt, París, Lisboa, Montecarlo e Atenas. Ao comezo da proba as condicións meteorolóxicas eran boas, pero o luns pola tarde as temperaturas caeron moi por debaixo de cero. A nevada era impresionante e era dificilísimo moverse. Segundo contaba Caprotti non foron capaces de chegar ao control de Chambery, polo que pensaban que estaban fóra do Rally. Pero a organización, como se quedara sen coches, decidiu ampliar o tempo de chegada 30 minutos, pero a Lalao que lle dera un baixón de moral grande, xa que aspiraba a unha boa clasificación, dixo que estaba canso e que abandonaba. De alí non paso ningún dos tiñan saído de Lisboa nin Atenas, só un de Montecarlo e tres de Varsovia. Quizais foi o rally máis duro de todos os Montecarlo. Foto enviada por Ângelo Pinto dá Fonseca.

Salida de Lisboa. Rallye de Monte-Carlo de 1964

Formato: JPG

Estanislao Reverter co Ford Lotus Cortina, acompañado de Oscar Caprotti, na saída de Lisboa para disputar o Rally de Monte-Carlo de 1964. Conseguiron alcanzar o posto 121, sendo os primeiros españois clasificados; dun total de 299 inscritos que se tiveron que enfrontar a 4.500 km de percorrido. Foto enviada por Ângelo Pinto dá Fonseca.

Salida de Lisboa. Rallye de MonteCarlo de 1958

Formato: JPG

Lalao e o seu irmán Toñin na saída de Lisboa para disputar o Rally de Montecarlo de 1958. Facíano abordo do Dyna Panhard Z1, vehículo francés con carrocería de aluminio e aceiro, de 850cc. Foi a súa primeira participación neste Rally e aínda que non lograron clasificarse para a etapa complementaria a causa da rotura dos amortecedores traseiros, volveron moi satisfeitos. Grazas a Ângelo Pinto dá Fonseca que nos enviou a foto dende Portugal e aínda que nos indica que a súa calidade non é boa, posto que a sacou dunha revista da época, sen dúbida é un documento gráfico importante.

Material documental

Fondo documental

Achegas

Achegas

Quen o desexe pode enviarnos material documental (jpg, pdf..) para publicar na páxina web.

Amigos da Fundación

Sección adicada aos amigos que colaboran coa Fundación Estanislao Reverter.

Entidades colaboradoras

  • Deputación de Ourense
  • Escudería Ourense
  • Real Federación Española de Automovilismo
  • Federación Galega de Automovilismo
  • La Región

Redes sociais

  • Ségenos en Facebook
  • Agregar a Twitter

Contacto

E-mailfundacion@estanislaoreverter.com

Doazóns á Fundación

Somos unha fundación sen ánimo de lucro. As persoas físicas ou xurídicas, institucións, empresas e colectivos interesados en axudar aos fins da Fundación están invitados a contribuír con doazóns.

Estanislao Reverter
Ir arriba

© 2013 Fundación Estanislao Reverter - Todos os dereitos reservados | Aviso legal - Política de privacidade - Acceso privado  //  Deseño e programación web Grupo5.com