Curiosidades e anécdotas
Cando lideraba o Rías Baixas do 72 saíuse en Puxeiros e aterraba nun prado. Dille ao seu copiloto, o seu sobriño Tucho Reverter: "Rematouse". De pronto, os espectadores entre os que se encontraba a familia doutro piloto e copiloto seu, Ventura, levantaron o Alpinche no aire, puxérono de novo na estrada e gañouse o rally.
No VI Rallye Tap de Portugal, despois Rally de Portugal, fixo unha buxaina na segunda curva do primeiro tramo e decátanse xa que non entra a marcha atrás de que non poden manobrar. Abandono.
Nun Firestone, contra os mellores pilotos de Europa e despois de gañalo a Munari nalgún tramo, púxose a chover moito deulle aos limpaparabrisas e non funcionaron. A Lalao cegábano e pintáronse en negro mate e ata ese momento non se volveran poñer en marcha. Perderon moito tempo e retiráronse.
En 1972, lideraba o 2000 Viratges e no tramo de enlace despois do último tramo, marchaba á cuneta ao evitar un particular que saía sen mirar dun cruzamento. Rotura de suspensión e abandono.
O Sherry de 1973 foi espectacular. Pola noite poñían en TVE un resumo de cada etapa. Teño gravada na memoria a imaxe do Alpinche baixando o Viraventos filmado dende un helicóptero. Por iso dicía o meu pai que notaba un ruído raro, pero o coche ía ben. Era o ruído do helicóptero. Conta Tucho dese mesmo rally que ao entrar a fondo nun rasante, rompeuse o piso ao caer e por alí entraba auga, barro, mesmo neve. Baixando o Mulhacen había un tramo de terra moi estreito e perigoso e fixérono nevando; a organización recomendoulles ir devagar por perigo de aludes. Remataron terceiros despois de Lencina e dun piloto belga.
Amigos da Fundación
Sección adicada aos amigos que colaboran coa Fundación Estanislao Reverter.
Doazóns á Fundación
Somos unha fundación sen ánimo de lucro. As persoas físicas ou xurídicas, institucións, empresas e colectivos interesados en axudar aos fins da Fundación están invitados a contribuír con doazóns.
© 2013 Fundación Estanislao Reverter - Todos os dereitos reservados | Aviso legal - Política de privacidade - Acceso privado // Deseño e programación web Grupo5.com