Emprendedor e político

Estanislao Reverter

Emprendedor, empresario e político.
"Embaixador" de Galicia en Europa

Estanislao Reverter dende a súa infancia mostrou un grande interese pola velocidade, a técnica, a mecánica e a construción.

Construía cos seus irmáns e primos sendo nenos dispositivos que conectaba con poleas á máquina de vapor que alimentaba as industrias do seu avó materno Antonio Sequeiros González. Tamén facían coches de madeira con freos e volante que lanzaban polas costas con madeiros do serradoiro familiar.

A súa paixón pola construción víñalle polo seu avó paterno e mantívoa toda a súa vida, traballando sempre na empresa familiar.

Iniciou en Madrid os estudos de enxeñeiro de camiños que tivo que deixar por unha afección de oídos que o deixou case xordo do oído esquerdo, pero que non lle impedía poñer os motores e carburacións a punto.

Tivo empresas de transporte de peixe e de polos cara a Cataluña e dende 1960 era o concesionario de Land Rover para Ourense e Pontevedra coa súa empresa Resfré.

Resfré foi a escola onde se formaron decenas de mecánicos e chapistas que despois se poñerían pola súa conta aprendendo con Lalao o oficio e o xeito de estar e ser na vida.

Contou ademais coa representación de aceites, de coches Goggomobil, de bicicletas con motor, de maquinaria agrícola, de BMW, unha empresa de aluguer sen condutor con vehículos Simca Barreiros pioneira en Galicia e outras moitas actividades empresariais.

Tamén levou a concesión de Ford e Toyota e foi fundador da Asociación de Talleres e Concesionarios de Vehículos.

O seu paso á política foi case inevitable dada a súa capacidade de traballo, a súa entrega pola súa terra e as súas inquietudes sociais. Foi deputado por UCD nas Cortes en 1977, Cortes que aprobarían a nosa vixente Constitución. Participou tamén no anteproxecto de Estatuto de Autonomía de Galicia.

A súa paixón pola súa terra levouno a decorar dende os anos 60 os seus coches coas cores da bandeira de Galicia e dende 1977 coa bandeira oficial de Galicia nos vehículos que percorrían Europa con Reverter Competición.

Estanislao Reverter

Galería fotográfica

zoom
zoom
zoom
zoom
zoom
zoom
zoom

Fondo documental

Achegas

Achegas

Quen o desexe pode enviarnos material documental (jpg, pdf..) para publicar na páxina web.

Amigos da Fundación

Sección adicada aos amigos que colaboran coa Fundación Estanislao Reverter.

Entidades colaboradoras

  • Deputación de Ourense
  • Escudería Ourense
  • Real Federación Española de Automovilismo
  • Federación Galega de Automovilismo
  • La Región

Redes sociais

  • Ségenos en Facebook
  • Agregar a Twitter

Contacto

E-mailfundacion@estanislaoreverter.com

Doazóns á Fundación

Somos unha fundación sen ánimo de lucro. As persoas físicas ou xurídicas, institucións, empresas e colectivos interesados en axudar aos fins da Fundación están invitados a contribuír con doazóns.

Estanislao Reverter
Ir arriba

© 2013 Fundación Estanislao Reverter - Todos os dereitos reservados | Aviso legal - Política de privacidade - Acceso privado  //  Deseño e programación web Grupo5.com