Equipo Reverter Competición
A súa grande afección ao automóbil lévao non só a ser piloto, senón tamén a ser organizador e a crear un equipo propio de competición.
Para iso en 1975 crea Reverter Competición, unha estrutura deportiva con coches de competición, talleres modernos con banco de probas e asistencias especializadas. Usaría inicialmente as dúas unidades BMW 2002 ti e tii que posuía, conseguindo Beny Fernández o subcampionato de España en 1976.
En 1977, ao ser concesionario Ford para a provincia de Ourense, tráese un Ford Escort SR 1800 preparado por David Sutton e mellorado polo propio Lalao, co que Beny Fernández remata subcampión de España e terceiro no Campionato de Europa dese ano.
Ese mesmo ano constrúese unha unidade prototipo a partir dun Festa 1.1 S con motor potenciado conducido por Pío Alonso. Ao ano siguente chegarán os dous Festas 1300 S grupo 2 pilotados por Pablo de Sousa e Pío Alonso. Tamén monta e prepara outros que participarán no trofeo "Primeiro Impacto Festa" promovido polo propio Reverter. Este trofeo e o equipo non serán apoiados por Ford co que se verán abocados á súa desaparición.
Outros pilotos gozaron desta estrutura, como Ventura ou "Peitos".
O equipo sempre levou as cores de Galicia, pintando os coches coa bandeira galega, paseandolos por España e Europa (Francia, Mónaco, Alemaña, Italia, Polonia, Portugal...).
Amigos da Fundación
Sección adicada aos amigos que colaboran coa Fundación Estanislao Reverter.
Doazóns á Fundación
Somos unha fundación sen ánimo de lucro. As persoas físicas ou xurídicas, institucións, empresas e colectivos interesados en axudar aos fins da Fundación están invitados a contribuír con doazóns.
© 2013 Fundación Estanislao Reverter - Todos os dereitos reservados | Aviso legal - Política de privacidade - Acceso privado // Deseño e programación web Grupo5.com