(Rally de Portugal, 1964)
Ao analizar a traxectoria de Estanislao Reverter como piloto dende 1955 ata 1975 hai que resaltar que saía a competir dende Ourense nuns anos nos que a nosa provincia estaba moi mal comunicada co resto da península e España tampouco gozaba de boas comunicacións con Europa. O esforzo, non só económico, senón físico e de tempo que lle supoñía a súa afección era enorme. Realizar os adestramentos, participar nas distintas probas, retornar e atender as súas ocupacións laborais requiría unha enerxía desbordante.
A súa primeira participación nunha proba automobilística foi en 1955, o Trofeo Fasa Renault, organizado pola fábrica francesa para os seus clientes posuidores de Renault 4/4 e premiaba o menor consumo de combustible entre Madrid e Valladolid.
Ao ano seguinte participou no Rally San Cristóbal organizado en Ourense cun Fiat 1400 e despois acompañado do seu irmán Antonio foi ata os Pireneos a correr o rally do mesmo nome.
En 1957 empeza a ser asiduo do Campionato de España de Rallys disputando con outro Renault 4/4 o Portos de Castela e a Volta a España.
1958 é un ano crucial na súa vida deportiva: primeira participación no Rally de Montecarlo, primeira vitoria nunha proba do Campionato de España, primeiro triunfo no Rally de España Race e primeira vez que perde o Campionato na última carreira.
Nos seguintes anos dada a prohibición para importar e matricular vehículos estranxeiros tivo que recorrer á importación temporal e ao aluguer de coches competitivos: DB Panhard, BMW 700, Ford Lotus Cortina, Fiat Abarth 1000 Bialbero, Mini Cooper S 1300, Alfa Romeo GTA, Porsche 911 R, BMW 2002...
Participou con asiduidade no Campionato de España de Rallys, obtendo varios subcampionatos. Correu en Portugal, Francia e Italia. Foi o primeiro español clasificado nos rallys de Montecarlo dos anos 1962 e 1964. Con el a figura do copiloto cobrou importancia introducuiendo o uso das "notas" ou referencias do percorrido que cantaba o copiloto. Tamén a profesionalización dos equipos foi unha das grandes achegas de Estanislao Reverter ao mundo dos Rallys.
Obtivo innumerables triunfos nas clasificacións "ao índice", segundo a cilindrada, e nos circuítos de probas especiais dentro daqueles longos e durísimos rallys.
Impulsor do circuíto do Jarama, participou en numerosas carreiras nel tanto en velocidade coma en resistencia así como no circuíto de Montjuïc.
As súas vitorias absolutas máis destacadas foron en rallys:
Trofeo de Montaña en 1958.
Rally de España Race en 1958 e 1959.
Rally Dos Cataluñas en 1961 e 1963.
Rally Camino de Santiago.
Rally Zaragoza-Pau.
Rally de la Coruña.
Rally Nocturno de Vigo.
Rally Costa Brava.
Ciudad de Tuy.
Criterium Luis de Baviera en 1970, 1972 e 1975.
Rally Ciudad de Oviedo (Príncipe de Asturias).
Rally Rías Bajas en 1972 e 1973.
Rally Galasa.
Rally de los Pazos.
Os seus triunfos en subidas en costa:
Subida a Canencia.
Subida a la Morcuera.
Costa de la Massana (Andorra).
Subida a la Zapateira.
Subida a Belesar (Chantada).
Subida a Irijoa.
Subida a San Antoniño.
Subida a Manzaneda.
Subida a Almofrey.
Sendo importante o seu palmarés non o foi menos a súa deportividade, o seu "fair-play", que o levaban a reparar por si mesmo ou polo seu equipo os coches dos seus opoñentes.
Amigos da Fundación
Sección adicada aos amigos que colaboran coa Fundación Estanislao Reverter.
Doazóns á Fundación
Somos unha fundación sen ánimo de lucro. As persoas físicas ou xurídicas, institucións, empresas e colectivos interesados en axudar aos fins da Fundación están invitados a contribuír con doazóns.
© 2013 Fundación Estanislao Reverter - Todos os dereitos reservados | Aviso legal - Política de privacidade - Acceso privado // Deseño e programación web Grupo5.com