Fundador da Escudería Ourense

Escudería Ourense

Fundador da Escudería Ourense. Impulsor e organizador do deporte do automóbil en Galicia

En 1967 a Comisión de Festas de Ourense encárgalle a organización dun rally. "Lalao" sempre busca a perfección e a excelencia en todo o que fai e consegue que o primeiro Rally de Ourense sexa puntuable para o Campionato de España. A organización é un éxito.

Ao ano seguinte, funda o Equipo Ourense, como entidade organizadora do noso rally que aí segue e como club que aglutina os afeccionados ao motor.

Non só organízase o rally senón tamén a Suba a Pereiro de Aguiar, a Vilar dás Tres, a Cenlle, a Castro de Beiro, a Manzaneda e o rally de San Martín.

Dende o principio búscase construír un circuíto permanente nos arredores de Ourense, despois preto de Cea onde se construirá un circuíto de autocrós.

Nos anos 60 a publicidade nos vehículos de carreiras estaba prohibida e decátase de que o patrocinio é unha forma de conter custos e chega a acordos con distintas empresas como Targa, Ferramentas Palmeira, Repsol, Chicha e Cibié entre outras, para o patrocinio dos coches.

Para a organización dos rallys e eventos busca tamén o apoio institucional e das empresas locais.

Na súa actividade organizativa crea nos 70 a Asociación de Pilotos de Automobilismo de España, sendo o seu presidente.

Foi tamén presidente da Federación Noroeste de Automobilismo, vicepresidente da Federación Española de Automobilismo e membro da Federación Internacional (FIA).

Dende os seus primeiros tempos como piloto e a través do Equipo apoiou outros afeccionados a este deporte e incitounos a saír a correr fóra xa que dicía que "por aí fóra non comen a ninguén" e era verdade. Manuel Sanjurjo foi o seu primeiro delfín, José Pavón, outra das súas apostas, chegou a ser piloto oficial Renault e tantos outros que souberon aproveitar as súas experiencias e ensinanzas.

Mención a parte desta escola de pilotos está o gran número de copilotos que pasaron por "o asento da dereita" con el e gozaron deste gran deporte.

Na actualidade El Rally de Ourense, valedoiro para o Campionato de España Rallys de Asfalto, obtendo sempre as mellores cualificacións a nivel organizativo dentro do baremo establecido pola Federación Española de Automobilismo.

Estanislao Reverter

Galería fotográfica

zoom
zoom
zoom
zoom
zoom
zoom
zoom
zoom
zoom
zoom
zoom
zoom
zoom
zoom
zoom
zoom
zoom
zoom
zoom
zoom

Fondo documental

Achegas

Achegas

Quen o desexe pode enviarnos material documental (jpg, pdf..) para publicar na páxina web.

Amigos da Fundación

Sección adicada aos amigos que colaboran coa Fundación Estanislao Reverter.

Entidades colaboradoras

  • Deputación de Ourense
  • Escudería Ourense
  • Real Federación Española de Automovilismo
  • Federación Galega de Automovilismo
  • La Región

Redes sociais

  • Ségenos en Facebook
  • Agregar a Twitter

Contacto

E-mailfundacion@estanislaoreverter.com

Doazóns á Fundación

Somos unha fundación sen ánimo de lucro. As persoas físicas ou xurídicas, institucións, empresas e colectivos interesados en axudar aos fins da Fundación están invitados a contribuír con doazóns.

Estanislao Reverter
Ir arriba

© 2013 Fundación Estanislao Reverter - Todos os dereitos reservados | Aviso legal - Política de privacidade - Acceso privado  //  Deseño e programación web Grupo5.com